A aplicación desta metodoloxía propón cambiar a estrutura da actividade
nas aulas, é dicir, a forma en que os estudantes traballan na clase, por tres
razóns fundamentais: atención á diversidade, desenvolvemento de valores e desenvolvemento das
competencias clave e das intelixencias múltiples.
Aprendizaxe por competencias e avaliación por estándares
Pablo Villalaín
A concepción do noso modelo educativo baséase nas competencias clave e os
estándares de aprendizaxe avaliables: uns elementos da estructura do currículo que
pretenden, cada un deles en ámbitos diferentes, pero interrelacionados, mellorar a formación con
que os mozos e mozas saen das aulas tras os seus anos de escolarización.
Flipped Classroom, ou como dar a volta á túa clase
Raúl Santiago
A flipped classroom, ou clase ao revés, é un modelo pedagóxico
que propón reformular a estrutura tradicional dunha clase. En vez de centrar as horas lectivas
en explicacións do profesor para que logo os alumnos exerciten na casa o aprendido, o que se fai
é presentar ao alumno a aproximación aos contidos na casa (mediante vídeos, presentacións,
etc.), para logo, na clase, traballalos e practicalos xunto ao profesor e ao resto de
compañeiros. A implicación dos alumnos no seu propio proceso de aprendizaxe
incide directamente sobre a súa motivación para progresar na súa formación integral.
Intelixencias múltiples
Margarita García
A concepción tradicional da intelixencia quedou superada e relegada polas
investigacións científicas actuais, especialmente as dedicadas ao estudo do cerebro humano e a
neurocienci. As investigacións realizadas por Howard Gardner e
os seus colaboradores do Proxecto Zero de Harvard evidenciaron que a intelixencia, a diferenza
do paradigma clásico, non é unha única, senón un conxunto de intelixencias, diversas e
múltiples.
A comprensión lectora como factor de éxito na educación secundaria
Elena Jiménez
Todas as reflexións sobre o rendemento dos estudantes españois fan fincapé, dunha
ou outra maneira, na necesidade de que estes adquiran un nivel óptimo de comprensión
lectora para ter éxito en calquera aprendizaxe. Así pois, este artigo pretende
animar a todos os profesores, non só aos de Lingua Galega e Literatura ou idiomas, a traballar
cos alumnos esta competencia fundamental.
A comunicación oral como competencia transversal do currículo educativo
Francisco Carrillo
A LOMCE presenta as destrezas comunicativas como competencias transversais que
deben potenciarse e favorecerse en todas as materias. Este artigo ofrece algunhas reflexións e
pautas para que os profesores poidan dispor de ferramentas que lles permitan guiar os alumnos no
desenvolvemento das súas capacidades comunicativas orais.
Metacognición na escola. Que é e como se promove
Amparo Moreno y Mar Mateos
O metacoñecemento é o propio coñecemento e control dos procesos
cognitivos. As autoras deste artigo achegan este concepto ao mundo educativo e
propoñen como incluílo no currículo.
PBL. Aprendizaxe baseada en problemas
Juan José de la Torre
Coa aplicación dos PBL na aula trataremos de dar un xiro á aprendizaxe
tradicional: pasaremos de concluír facendo as comúns preguntas aos nosos alumnos, para comprobar
o aprendido, a formular unha tarefa a partir da cal desenvolverá a súa
aprendizaxe.
Unha mochila para desenvolver o talento emprendedor
César García-Rincón
A mochila para cultivar o talento emprendedor contén cinco
elementos esenciais para facer unha boa travesía educativa a través da aprendizaxe.
Este artigo explícaos con detalle, para logo programar actividades capaces de desenvolver a
competencia emprendedora.